crear test y exámenes   Fast quiz maker   creare esami e test online   Criar teste e exames online
Crear test y exámenes online
 

Crear Test

Ver otros Tests


Comentarios

Otrostest de caza

test de caza

1. Cando un cazador, fire unha peza de caza en terreo no que está autorizado para cazar, e coa finalidade de cobrala, ¿pode entrar en terreo distinto, no que non está autorizado para practicar a caza?

. a) En ningún caso.
. b) En todos os casos, sempre que entre só, sen armas nin can.
. c) En terreos abertos sometidos a réxime cinexético especial, e para pezas de caza menor, (sempre que sexa visible desde o linde, e debe entrar a cobrala coa arma descargada) cando o cazador entre a cobrala peza só, sen armas nin can, ou en terreos cercados con autorización do seu titular ou representante.
2. No transcurso dunha batida, si un corzo sae a varios postos e é ferido nun deles e resulta morto e cobrado noutro distinto, ¿a que cazador lle corresponde a peza de caza?.

. a) Ao que matou e cobrou o corzo
. b) Ao xefe de cuadrilla
. c) Ao cazador que lle ocasionou o primeiro sangue
3. Si un cazador que está adestrando os seus cans, observa un comportamento anormal por exemplo dos coellos, que o fai sospeitar da existencia dunha enfermidade, debe:

. a) Recoller os cans e non volver a adestralos, dado que se corre o risco de transmisión da posible enfermidade
. b) Seguir adestrando os cans, non comunicando nada, dado que é algo que sucede con frecuencia.
. c) Comunicárllelo de inmediato ás autoridades ou aos seus axentes. Respostas ao Exame do Cazador
4. A xornada de caza comeza:

. a) Ás 8.00 horas.
. b) Cando hai suficiente visibilidade.
. c) Unha hora antes da saída do sol.
5. A xornada de caza remata:

. a) Ás 19:00 horas.
. b) Cando non hai visibilidade suficiente.
. c) Unha hora despois do ocaso, excepto no caso de modalidades de caza nocturna expresamente autorizadas.
6. Cando no exercicio da caza, se cobre un exemplar dunha especie cinexética que porte algún tipo de anel ou marca identificadora, o cazador debe:

. a) Amputar a parte do animal na que figura a marca ou anel e remitila ao Concello na que foi cobrada a peza.
. b) Comunicarllo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, facéndolle chegar aqueles sinais e os datos sobre o lugar e tempo de aprehensión.
. c) Ao tratarse dunha especie cinexética, non hai a obriga de comunicar nada.
7. Unha persoa con idade menor de dezaseis anos pode practicar a caza:

. a) Non.
. b) Si, sempre acompañado dalgún cazador maior de idade.
. c) Si, sempre acompañado dalgún cazador maior de idade, para poder cazar con armas.
8. Na práctica da caza do raposo na modalidade de batida, ¿cal das municións seguintes non se debe empregar?:

. a) Munición con peso unitario inferior a 2,5 gramos.
. b) Munición con peso unitario superior a 2,5 gramos.
. c) Balas.
9. A caza dende embarcacións e vehículos terrestres en movemento, está:

. a) Autorizada nas reservas nacionais de caza.
. b) Prohibida.
. c) Autorizada en todo tipo de terreos cinexéticos.
10. Nunha batida realizada realizado nun Tecor cobráronse un total de 4 xabarís, a carne destes exemplares vai a ser distribuída entre os cazadores que participaron na cacería, ditos cazadores para realizar o transporte destes

. a) Colocar un precinto a cada bolsa de transporte.
. b) Levar unha guía expedida polo responsable da cacería.
. c) Coa autorización para realizar a batida é suficiente.
11. ¿Quén poderá solicitar a celebración de batidas ou zapeos cando a caza dunha zona sometida a réxime cinexético común produza danos?

. a) Os concellos onde se produzan os danos
. b) Os sindicatos agrarios como representantes dos prexudicados
. c) Directamente os labregos e gandeiros mediante a recollida de sinaturas
12. ¿Quén pode conceder o permiso para a celebración de batidas ou zapeos cando a caza dunha zona sometida a réxime cinexético común produza danos ?

. a) O Servizo Provincial de Patrimonio Natural
. b) A Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
. c) A Dirección Xeral de Patrimonio Natural
13. Un exemplar dunha especie cinexética procedente dunha explotación cinexética provoca danos nunha finca particular, ¿quén deberá indemnizar os danos?

. a) Non hai dereito a indemnización
. b) O titular do aproveitamento cinexético
. c) A Consellería do Medio (Ambiente)Rural
14. ¿Cal das seguintes especies non se reproduce en Galicia?

. a) Pato real (Anas platyrhynchos)
. b) Charrela (Perdix perdix)
. c) Ganso común (Anser anser)
15. A maior poboación de paspallás preséntase en Galicia entre:

. a) Todo o ano
. b) Abril e setembro
. c) Xullo e decembro
16. ¿Cál das seguintes especies non é cinexética en Galicia?

. a) Tordo común (Turdus philomenos)
. b) Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)
. c) Merlo común (Turdus merula)
17. As crías de xabaril nacen cunha pelaxe moi característica polo que se lles coñece como:

. a) Pintóns
. b) Listóns
. c) Raións
18. ¿Cál das femias das seguintes especies non posúen cornos?

. a) Corzo
. b) Muflón
. c) Cabra montés
19. O número máximo de puntas que pode presentar unha corna, considerada como normal, nun corzo é de:

. a) 3
. b) 4
. c) 5
20. A posta da perdiz rubia soe contar, normalmente, cun número de ovos

. a) De 6 a 10
. b) De 10 a 15
. c) Mais de 20
21. ¿Cál destas especies non é cinexética en Galicia?

. a) Pato rabilongo (Anas acuta)
. b) Somorgullo lavanco (Podiceps cristatus)
. c) Parrulo cristado (Aythya fuligula)
22. Unha camada de lebre componse, xeralmente, de:

. a) 2 a 5 lebratos
. b) 5 a 8
. c) 1 lebrato
23. ¿Cómo distinguiremos o sexo dun corzo no mes de novembro?

. a) Mediante a observación das cornas totalmente desenvolvidas nos machos
. b) Pola diferenza de cor, agrisado nos machos e roxizo nas femia.
. c) Pola forma do escudo anal, en forma de ril nos machos e de corazón nas femias
24. ¿Cal destes animais supón o maior predador do xabaril en Galicia?

. a) O lobo
. b) O raposo
. c) O oso
25. O macho de perdiz rubia, na época de celo e crianza, ¿establece e defende un territorio?.

. a) Nunca.
. b) Sempre.
. c) Soamente fronte a exemplares de perdiz charrela
26. Os polos de perdiz son:

. a) Nidífugos.
. b) Permanencen no niño ata a segunda semana de vida.
. c) Ningunha das respostas anteriores é válida.
27. Os polos de perdiz durante a primeira semana de vida aliméntase fundamentalmente de:

. a) Gran de cereais.
. b) Sementes de plantas silvestres.
. c) Insectos
28. No xabaril, o trofeo de caza valórase atendendo:

. a) As súas características morfolóxicas
. b) Ao peso dos exemplares, así como a súa coloración.
. c) As características da súa dentadura, (colmillos e amoladeras).
29. No corzo o trofeo valórase atendendo:

. a) As características da súa corna.
. b) Ao peso dos exemplares
. c) Unicamente pola presenza e coloración de perlado das cornas.
30. Na valoración do trofeo de cervo:

. a) A lonxitude das cornas desprezase por non ser un parámetro a considerar.
. b) Canto máis peso posúa menor puntuación obterá o trofeo.
. c) A maior número de puntas, maior valoración obterá o trofeo.
31. A persoa responsable da organización dunha batida para o xabaril, ¿pode colocar os postos nunha estrada local?

. a) Nunca.
. b) Si, sempre.
. c) Si , cando as condicións de visibilidade o permitan.
32. Nos carreiros e camiños rurais pouco transitados, destinados ao paso a pé ao uso agrícola ou forestal, ¿pódese cazar?.

. a) Nunca.
. b) Si, sempre.
. c) Si , cando as condicións de visibilidade o permitan.
33. Liberar especies exóticas ou animais infestados é unha infracción

. a) Leve
. b) Grave
. c) Moi grave
34. Cazar en liña de retranca é unha infracción

. a) Menos grave
. b) Grave
. c) Moi grave
35. Cazar sen licenza é unha infracción

. a) Leve
. b) Menos grave
. c) Grave
36. Levar armas os batedores que actúan como tales nunha montería é una infracción

. a) Leve
. b) Menos grave
. c) Moi grave
37. Das seguintes zonas ¿cal é de seguridade?Pendente de resolver

. a) A marxen dunha estrada local sen cercar.
. b) A marxen dunha estrada autonómica sen cercar.
. c) A marxen dunha estrada nacional cercada. ---(As duas)
38. ¿Cal é o tamaño da franxa de seguridade arredor dun núcleo de poboación?

. a) 50 metros.
. b) 100 metros.
. c) 250 metros.
39. Se temos unha casa no medio do monte ¿haberá zona de seguridade ao seu arredor?

. a) Sí, se o terreo.é cinexético de aproveitamento especial
. b) Non, se o terreo é de aproveitamento cinexético común.
. c) Sí, sempre.
40. Si no meu Tecor existe un parque empresarial no medio ¿terá zona de seguridade?

. a) Sí, sempre.
. b) Sí, se non se atopa valado.
. c) Non, se se atopa valado.
41. ¿Cómo se consideran os terreos cercado?

. a) Dependerá das circunstancias particulares da cada un.
. b) Zona de seguridade sempre.
. c) Terreo non cinexético sempre.
42. ¿Qué non se pode facer nas zonas de seguridade?

. a) Circular coas armas cargadas aínda que sen disparar.
. b) Disparar en dirección ás mesmas desde fora delas.
. c) Ningunha das dúas cousas.
43. Nos carreiros e camiños rurais pódese

. a) Cazar tendo coidado coas medidas de seguridade.
. b) Non se pode circular coas armas cargadas por ser zonas de seguridade.
. c) Non se pode disparar por ser unha zona de seguridade.
44. Os períodos hábiles de caza para cada temporada, establécense:

. a) No regulamento de caza.
. b) Nunha orde anual da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
. c) Ningunha das anteriores.
45. ¿A quén corresponde o coidado e vixilancia dos refuxios de fauna?

. a) Ás Sociedades ou Asociacións ecoloxistas que promoveran a súa declaración
. b) Á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
. c) Á Federación Galega de caza
46. ¿Durante canto tempo non se pode cazar nos terreos queimados?

. a) 1 ano
. b) 3 anos
. c) 5 anos
47. ¿Quen autoriza o control da caza existente en vedados ou terreos cercados, no caso de necesidade?

. a) O Servizo Provincial de Patrimonio Natural
. b) A Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
. c) A Dirección Xeral de Patrimonio Natural
48. ¿Quen autoriza o control da caza existente nos terreos sometidos a réxime cinexético común?

. a) O Servizo Provincial de Patrimonio Natural
. b) A Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
. c) A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
49. Si para realizar un estudio me conceden autorización para a captura de verderolos con visgo, ¿qué licencia de caza necesito?

. a) B
. b) B y C
. c) Ningunha Respostas ao Exame do Cazador
50. Para cazar con ave de cetrería, ¿qué licenza necesito?

. a) B
. b) A y B
. c) B y C
51. Para cazar con arco, ¿qué licenza necesito?

. a) A
. b) B
. c) B y C
52. Para cazar con furón, ¿qué licenza necesito?

. a) A
. b) C
. c) As dúas son certas
53. Para cazar cunha manda de cans, ¿qué licenza necesito?

. a) A
. b) B
. c) C
54. En Galicia e dada a súa abundancia, o xabaril pódese cazar

. a) Durante todo o ano
. b) En zapeos con armas de caza maior
. c) En esperas nocturnas
55. As batidas débense facer con:

. a) Un mínimo de 10 e sen límites no total dos cazadores
. b) Un mínimo de 10 e un máximo de 30 cazadores
. c) Un mínimo de 10 e un máximo de 30 cazadores en postos
56. Nunha batida ¿qué estaría prohibido?

. a) Empregar escopetas con cartuchos de bala
. b) Moverse os cazadores dos seus postos durante a cacería (con permiso do xefe de batida)
. c) Empregar tres grupos de 10 cans cada un
57. Os períodos hábiles de caza para unha especie cinexética, ¿poden variar en función da modalidade de caza que se considere?

. a) Si.
. b) Non.
. c) Poden variar unicamente nas especies cinexéticas de caza maior.
58. ¿Cál das seguintes armas está mais relacionada coa modalidade de asexo?

. a) Escopeta do 16 con cartuchos de bala
. b) Rifle de repetición con mira telescópica
. c) Rifle de ferrollo con mira telescópica
59. ¿Cál destas armas está prohibida?

. a) Automáticas ou semiautomáticas con dous cartuchos no cargador
. b) Rifles do calibre 22
. c) Rifles de ferrollo con mira telescópica
60. ¿Cál destas modalidades é a mais típica para cazar a perdiz rubia en Galicia?

. a) (Ao Salto)En man Pendente de resolver
. b) Axexo
. c) Con reclamo Respostas ao Exame do Cazador
61. ¿Cal destas modalidades é a mais típica para cazar o coello en Galicia?

. a) En man
. b) Ao salto
. c) Zapeo
62. ¿Cál destes métodos está prohibido?, a caza de:

. a) Perdiz con reclamo
. b) Lebres con galgo
. c) A pomba con cimbel de pomba cega
63. Nun zapeo ¿a qué especies podo disparar?

. a) Ás de caza menor
. b) A calquera
. c) Coellos e raposos soamente Pendente de resolver
64. Si me invitan a participar nunha “espera” ¿qué tipo de munición levarei?

. a) Balas, pois é unha modalidade de caza maior
. b) Perdigóns, pois é unha modalidade de caza menor
. c) Terei que preguntar si é de día ou de noite pendente de resolver
65. ¿Cál destas modalidades de caza necesita de autorización previa para a súa práctica?

. a) Tiradas de aves acuáticas
. b) En man para cazar xabaril
. c) Zapeos de raposo
66. ¿Cál destas armas é ilegal para a práctica da caza?

. a) Escopeta superposta do calibre 12
. b) Escopeta con cargador para tres cartuchos
. c) Escopeta paralela do calibre 16
67. ¿Qué se entende por armadas?

. a) Construccións para a captura de lobos
. b) Aparellos para cazar paxaros e que se encontran prohibidos
. c) Grupos de cazadores (en postos fixos)
68. ¿En qué modalidade de caza se empregan as armadas?

. a) Axexos
. b) Batidas
. c) Monterías
69. ¿Cál sería o número máximo de cans dunha manda que poden participar nunha batida?

. a) 25
. b) 20
. c) 15
70. ¿Cál sería o número máximo de cans a empregar nunha montería?

. a) 125
. b) 90
. c) 100
71. ¿Qué diferenza existe entre unha montería e un axexo?

. a) O número de cazadores que participan
. b) O número de batedores ou axexadores permitidos
. c) O emprego ou non de cans
72. ¿Qué diferenza existe entre o zapeo e a batida?

. a) Que nunha modalidade se empregan cans e na outra non
. b) Que nunha modalidade soamente se emprega munición de caza maior e na outra soamente de menor
. c) Ningunha é certa
73. 73ª.- ¿En qué tipo de terreos cinexéticos se pode practicar a caza con arco?

. a) Nos de réxime cinexético común
. b) Refuxios de fauna
. c) Explotacións cinexéticas
74. Para a realización de monterías, batidas, axexos e tiradas de acuáticas, é necesario

. a) Contar coa autorización do Servizo Provincial de Patrimonio Natural
. b) Que a zona a cazar teña mais de 500 has
. c) Que non interveñan máis de dúas mandas de cans
75. Cando cazamos mediante a modalidade de axexo, ¿quén decide a qué pezas se debe disparar?

. a) Exclusivamente o garda ou guía
. b) Sempre é o cazador o que decide a que peza dispara
. c) Dentro da especie a cazar, sempre ao primeiro exemplar que se contacte
76. ¿Cántas armas se poden levar a un axexo?

. a) 1 soamente
. b) 2 pero de diferentes calibres
. c) As que o garda ou guía crea oportuno
77. ¿Cantos cartuchos pode conter no seu cargador, como máximo, unha escopeta de caza?

. a) Un
. b) Dous
. c) Tres
78. ¿Cál das seguintes modalidades de caza non precisa de autorización previa da Consellería de Medio Ambiente?

. a) Monterías
. b) Batidas
. c) Agardos, excepto os nocturnos
79. O Plan de Ordenación Cinexética, ten unha vixencia:

. a) Quinquenal.
. b) Anual
. c) Bianual
80. O Plan de Aproveitamento Cinexético, ten unha vixencia:

. a) Quinquenal.
. b) Anual
. c) Bianual
81. Para posuír unha peza de caza viva en catividade, é necesario:

. a) Que a peza de caza proceda dunha explotación cinexética comercial.
. b) Autorización da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
. c) Que a peza de caza fose capturada no período hábil establecido para a especie.
82. Si na primavera atopamos un coello que presenta os pálpebras inflamadas, e tumefaccións na cabeza, podemos sospeitar que o coello padece:

. a) Triquinose
. b) Brucelose
. c) Mixomatose
83. Si durante unha xornada de caza no mes de decembro, atopamos coellos mortos que presentan unha hemorraxia nasal, de acordo con eses síntomas podemos sospeitar que morreron por:

. a) Mixomatose
. b) Pneumonía vírica hemorráxica
. c) Gripe
84. Si unha lebre presenta tularemia, ¿pode transmitirlla ao home?

. a) Si
. b) Non
. c) Soamente si leva morta máis de 3 horas.
85. Cando no exercicio da caza se abate unha lebre, para previr o contaxio da tularemia, é recomendable:

. a) Collela unicamente polas orellas
. b) Realizar un rápido sangrado do animal
. c) Non tocala directamente, recollela cunha bolsa ou guantes de plástico.
86. Cal das seguintes enfermidades pode transmitirnos a carne de xabaril mediante o seu consumo:

. a) A mixomatose.
. b) A triquinose.
. c) A rabia.
87. Antes de consumir a carne de xabaril, para evitar o contaxio da triquinose, é recomendable:

. a) Realizar unha conxelación da carne
. b) Manter a carne en viño durante 2 días como mínimo
. c) Realizar unha observación ao microscopio.
88. Cál das seguintes enfermidades pode padecer o raposo?

. a) A rabia
. b) O moquillo canino
. c) As dúas repostas anteriores son correctas.
89. ¿Cál destas condicións non é necesaria para ter dereito a cazar?

. a) Ter mais de 16 anos
. b) Estar en posesión da pertinente licenza de caza
. c) Ter permiso de armas e guía da escopeta
90. ¿A partir de qué idade se pode exercer o dereito a cazar?

. a) 18 anos
. b) 16 anos
. c) 18 anos, sempre que se vaia acompañado dun cazador maior de idade.
91. A partir de qué idade se pode cazar con arco?

. a) 18 anos
. b) 16 anos
. c) 16 anos, sempre que se vaia acompañado dun cazador maior de idade
92. O cazador que ocupa un posto nunha montería, debe:

. a) Esconderse tratando de mimetizarse o máximo posible co entorno, para que así as especies cinexéticas non o descubran e se coloquen no seu campo de tiro.
. b) Antes de comezar a cacería, establecer contacto visual e/ou verbal cos postos máis próximos para sinalizar a súa posición.
. c) Colocar unhas pantallas de protección.
93. No exercicio da caza, cando nos vaiamos a cruzar con outros cazadores:

. a) Podemos manter a arma cargada, manténdoa en posición vertical e extremando as medidas de seguridade.
. b) Debemos descargar a arma cando nos atopemos a unha distancia menor de cincuenta metros mentres nos manteñamos de fronte.
. c) Podemos manter a arma cargada, podendo disparar a aquelas pezas de caza que saian, sempre que consideremos que esta acción non xera unha situación de perigo para outras persoas.
94. Cando se está a franquear un obstáculo como pode ser saltar un valo, ou superar un peche de arame, ¿cal das seguintes accións consideras a máis adecuada?:

. a) Abrir ou descargar a arma.
. b) Colocar o seguro sen necesidade de descargar ou abrir a arma.
. c) Prestar especial atención, dado que nese intre soe ser cando as pezas de caza aproveitan para fuxir sen que o cazador poida realizar o disparo.
95. ¿A qué altura do chan deben colocarse as sinais dos TECOR?

. a) 1 a 2 m
. b) 1 a 2,5 m
. c) A calquera pois non está regulada.
96. ¿Qué cores terán as sinais de 2º orde?

. a) A parte superior dereita en marrón para os TECOR societarios
. b) A parte inferior marrón para os TECOR particulares
. c) A parte inferior en negro para os TECOR autonómicos
97. ¿Os cans empregados no exercicio da caza deben estar identificados?

. a) Non
. b) Si
. c) Unicamente aqueles que pertencen ás razas consideradas como potencialmente perigosas.
98. As mandas de cans, deben:

. a) Constituírse como núcleos zoolóxicos. Pendente de resolver
. b) Soamente se precisa licenza especial para o seu emprego no exercicio da caza.
. c) Non precisan ningún tipo de autorización
99. ¿Cál destes terreos non está considerado cinexético na Lei de Caza de Galicia?

. a) Os recintos deportivos
. b) Os refuxios de fauna
. c) Os terreos vedadoscaza
100. ¿En cál destes lugares non se podería cazar?

. a) 150 m da última vivenda do pobo
. b) 25 m do peche da Autovía do Noroeste
. c) 150 m do peche do Club de Golf de Domaio

NF3 UF1 3 ,NF3 UF1 3. Tags:NF3 ,UF1 ,3. Preguntas:22
UF3 NF1 2 ,UF3 NF1 2. Categorías:UF3 ,NF1 ,2. Preguntas:40
UF3 NF1 1 ,UF2 NF1. Tags:UF3 ,NF1. Preguntas:20
Cuanto me conoces? (Pero esta vez mas facil) :v ,Jffjksjs. Categorías:Wjjejejdjdndndkekdfndndjxjdjdndnnd. Preguntas:10
Guia Español ,Guia creada para el grupo 201, por Eugenio Gómez Mendoza. Tags:Segundo ,semestre ,segundo ,parcial ,Español ,UAEH. Preguntas:11
EXAMEN FINAL DE FISICA ,ESTE ES EL EXAMEN FINAL DE CIRCUITOS ELÉCTRICOS, CONTIENE TODOS LOS TEMAS ADQUIRIDOS DURANTE ESTE CURSO ONLINE.. Categorías:FISICA ,CIRCUITOS ,ELECTRICOS. Preguntas:10
BURNOUT EN ESTUDIANTES DE MEDICINA ,¿Sabes que es el BURNOUT en estudiantes de medicina?. Tags:Burnout ,medicina ,estudiantes. Preguntas:6
Most likely to ,Challenhe. Categorías:Most ,likely ,to ,. Preguntas:14
TEST DIP PREGUNTAS Y RESPUESTAS 2 ,TEST DIP PREGUNTAS Y RESPUESTAS 2. Tags:TEST ,DIP ,PREGUNTAS ,Y ,RESPUESTAS ,2. Preguntas:176
DIP PREGUNTAS Y RESPUESTAS ,DIP PREGUNTAS Y RESPUESTAS. Categorías:0parcial_tipo_testa_respuestaDIP. Preguntas:30
Temario ,Sirve para estudiar la asignatura de economía política . Tags:Economia. Preguntas:83
Prevención y Tratamiento de lesiones ,Examen del segundo parcial de Prevencion y tratamiento de lesiones . Categorías:Segundo ,parcial ,. Preguntas:35

Crea tu propio test gratis




Comentarios

Creartest.com no se hace responsable del contenido publicados por los usuarios